Heiche de tocar as cunchas ao son da miña gaitiña. A construción da imaxe feminina nas coplas da música tradicional galega

DSC_5847.JPGEsther Iglesias Taboada
Heiche de tocar as cunchas ao son da miña gaitiña. A construción da imaxe feminina nas coplas da música tradicional galega
DESCARGAR PDF


A literatura popular galega, principalmente as coplas da música tradicional, presentan implícita e explicitamente un importante contido sexual desde o que se poden construír diversas imaxes, polo que parece interesante analizar a construción destas a partir dos datos extraídos deste tipo de composicións. O traballo que se vai realizar procurará dar conta da creación dunha desas múltiples imaxes, a imaxe feminina tradicional. O enfoque teórico situarase no marco da Análise do Discurso.  Levarase a cabo unha análise pormenorizada das coplas da música popular galega onde haxa presenza da sexualidade, centrándose, entre outros aspectos, na análise  daquelas coplas onde esta sexualidade se mostre a través de metáforas. O corpus sobre o que se realizará a análise será o Cancioneiro popular galego de D. Schubarth e A. Santamarina (1984), do que se extraerán para analizar aquelas coplas que presenten contido sexual (implícito ou explícito) co fin de acadar o obxectivo principal do traballo, aprender e comprender desde a sexualidade presente na música popular galega como se construíu  e como era a imaxe feminina tradicional.

Ler máis »