Arquivos da categoría SoundCloud

Ao son das campás… da Vila de Baiona

anxo.pngAnxo Rodríguez Lemos
Artigo:
Ao son das campás… da Vila de Baiona
DESCARGAR PDF


 Ao son das campás… da Vila de Baiona

Capela de Santa Liberata

Consagrada na honra da virxe mártir natural desta vila, Santa Liberata (ou Librada), que foi a primeira muller crucificada na cruz. A capela, comezada a construír no 1695 e rematada cara ao 1701 ergueuse nos campos do Aral (dende aquela Campo de Santa Liberata) logo de dificultades no seu emprazamento orixinal. De estilo italiano plateresco, a súa fachada principal acolle os escudos de Baiona e Galicia flanqueando o nicho central coa Santa.

Seguir lendo Ao son das campás… da Vila de Baiona

Advertisements

José Fernández, O Ghaiteiro do Piñeiro

guillerme.jpgGuillerme Ignacio Costa

José Fernández, O Ghaiteiro do Piñeiro
(Aldán, Cangas do Morrazo)


CARA B

Os dous días de gravación maratoniana naquel marzo de 2009, deron para encher un Cd con 22 cortes ben xeitosos e variados (todo tipo de bailables, amais dos Reis e a Dansa de Aldán), e aínda sobrou material para unha Cara B que agora ve a luz a través da rede.

Son catorce cortes extra nos que José interpreta trece bailables máis unha alborada en formato trío acompañado ao tambor de Felisiano mais o bombo d’O Peix; e en cuarteto a dúo de gaitas con Manuel ou co acordeón de seu fillo Javier.

Non deixedes de botarlles ollo, son 100% bailables e 100 % Rías Baixas ;).

Viva o Ghaiteiro do Piñeiro!!

Seguir lendo José Fernández, O Ghaiteiro do Piñeiro

Pandereteiras de Barro de Arén

guillerme.jpgGuillerme Ignacio Costa

Pandereteiras de Barro de Arén
(Barro de Arén, Cerdedo)


Barriño para cantar…

Naqueles tempos case tirados xa da memoria colectiva nos que non había radios, televisores e demais trebellos a meter barullo alleo nas casas, a xente cantaba. Cantaba mentres lavaba, mentres sachaba no millo, mentres apañaba no toxo, botaba nas patacas ou ía polo camiño, e por suposto cando había que facer a festa. Mais mentres non puido chegar ás aldeas o exceso, o luxo vilego de contratar un músico ou varios, cando había gañas de festa era a propia xente a que por forza tiña que poñer a música. E con tanto traballo como había, o que sobraban eran gañas de festa, claro. Na Terra de Montes, como en moitas outras partes do país galego, os mozos e mozas organizaban os seus propios bailes no inverno cando non había festas patronais á vista-, nuns determinados días na semana, como podían ser xoves, sábado e domingo. Rematábanse os traballos, axeitábase un baixo dunha casa ou mesmo unha corte, a quen lle tocaba aportaba o carburo para prender o candil, e á hora acordada, xeralmente logo da cea, ían aparecendo mozos e mozas para a festa, para a “Rúa”. Dúas ou tres mozas collían as pandeiretas e comezaba a foliada. Primeiro a jota, logo a muiñeira, e por suposto algún agarrado, e logo veña, que collan outras a pandareta que nós tamén queremos beilar. E así ata a media noite, troula rachada a base de bailes e cantares aprendidos nesa intensa escola que é a comunidade, a veciñanza, o pobo.

Seguir lendo Pandereteiras de Barro de Arén