Arquivos da categoría Documentais

Comuneiros – Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo

RQ.jpgRafael Quintía Pereira

Documental:
Comuneiros – Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo


“Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo” é unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Montes Salcedo. O audiovisual fai un percorrido por un século de vida e de explotación tradicional do monte comunal —verdadeira e única fonte de subsistencia para moitas xeracións de galegos— e polos aconteceres e desgrazas que, co cambio dos tempos e co gallo das distintas usurpacións do monte comunal, tiveron que sufri-los veciños da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo.

FICHA ARTÍSTICA:

Dirección: Rafael Quintía
Guinista: Rafael Quintía
Realización: João Bieites,
Produción: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Monte de San Martiño de Salcedo

FICHA TÉCNICA:

Produtra: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Monte de San Martiño de Salcedo
Subvención ou axuda pública: Ningunha
Título orixinal: “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”
Tipo: Documental
Xénero: Etnográfico e social
Produción propia realizada a cor
Ano: 2011
Duración: 87 minutos aprox.
Orixe: Galiza
Idioma V. O.: Galego

Seguir lendo Comuneiros – Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo

Advertisements

Madamas e Galáns – Historia do entroido de Cobres

RQ.jpgRafael Quintía Pereira

Documental:
Madamas e Galáns – Historia do entroido de Cobres


O Entroido tradicional galego é moi rico e diverso en personaxes, ritos e tradicións. Dentro desta riqueza de expresións destaca o Entroido de Cobres, no que as Madamas e os Galáns son os seus protagonistas máis senlleiros. Percorremos neste documental a historia do Entroido de Cobres e dos diferentes entroidos enxebres que se celebraban no concello de Vilaboa. Descubrimos o significado profundo desta festa ritual, os seus elementos constituíntes, os aspectos que se perderon co paso do tempo e o xeito no que hoxe se celebra este famoso entroido.

Dirección: Rafael Quintía
Guión: Rafael Quintía e Xosé Anxo Rosales
Montaxe: Miguel Alonso
Edición: Miguel Alonso
Música: Rafael Quintía e João Bieites

Unha producción de Ab Origine Antropoloxia promovida e financiada pola Asociación Cultural Cobres-Vilaboa. Coa colaboración do Concello de Vilaboa e da Deputación de Pontevedra. Ano 2016.