Manuel Rouco Adán

23674847_10156050847367642_8870004325521729739_o.jpgRubén Troitiño
Artigo:
Manuel Rouco Adán
(Panxón, Nigrán)


Manuel Rouco Adán (San Pedro da Ramallosa, Nigrán 15/07/1928 – Panxón, Nigrán 10/11/2012), máis coñecido coma O Verderol, xa dende ben pequeno tivo unha forte ligazón coa música. Tanto o seu pai Juan Rouco Jiménez como o seu irmán Ángel Rouco Adán coñecido coma o Rubio tocaban o acordeón diatónico, ou como el lle chama o culiqüí, xa que na mesma tecla poden soar dúas notas diferentes, unha ao abrir o fuelle e outra ao pechalo.

…era un acordeón pequeño, ten un sonido para aquí e outro para ala…
…traballaba todo co fol…

Todo o que aprendeu foi de ouvido, aínda que tivo un mestre cando era cativo, Benito Pataqueiro da Carrasca, co que empezou a ir a clases de acordeón. Elexiu tocar este instrumento posto que xa estaba na casa.

A súa entrada no cuarteto de gaitas Os verderoles do Valle foi de casualidade, empezando con eles cando un dos membros do cuarteto tivo que marchar a facer o servicio militar. Ó parecer foi unha elección dos membros xa que viron que respondía coas necesidades do grupo entrando así na sección de percusión, máis concretamente co bombo. Gañouse o alcume do gitano entre os membros da formación xa que era unha persoa moi activa e festeira, sempre argallaba algo nas festas para pasalo ben.

Naquela época traballaba de transportista cun carro tirado por un cabalo, facía a ruta a Vigo, todo unha odisea daquela xa que levaba moito tempo facer esa ruta.

Nos últimos anos da súa vida Manuel estaba retirado da música, pero aínda disfrutaba tocando de vez en cando nun trio de acordeón, caixa e saxofón tenor ao que lle chamaban “Pepe e Os Manolos”, polos nomes dos integrantes.

pepe-e-os-manolos
Pepe e Os Manolos, Bar “2H” (Panxón – 09/09/10)

No seguinte arquivo poderedes escoitar a Manuel falando da súa vida nun fragmento dunha entrevista feita o día 4 de abril do 2010.


Fotografías

4
Manuel Rouco Adán
2
Tocando o acordeón diatónico na inauguración dunha carpintería
1
Manuel Rouco (cuarto por abaixo á dereita) e Ángel Rouco (acordeón diatónico) nunha comparsa
manuel-acordeon-diatonico
Manuel Rouco Adán tocando o acordeón diatónico
3
Tocando a caixa no Grupo de Gaitas do Casino de Sabarís

Os Verderoles do Valle

… eramos de aqueles tempos moi bos, moi bos. Empezabamos a por a roupa no principio do verano de gaiteiros e non a sacabamos ata acabar a temporada de verano…

os-verderoles

…nós tiñamos unhas gaitiñas moi doces, os punteiros estaban en Re…
…canto sufrimos coas palletas, desafinaban, e cando había cambio de tempo desafinaban as gaitas, e parar: picar, cortar, afiar, e veña, e veña…

As pezas do repertorio usado por este cuarteto de gaitas eran ou de composición propia ou sacadas de oído de outras agrupacións. Unha das anécdotas que nos conta Manuel Rouco Adán é que estando na festa de San Xoan coincidiron coa banda de música de Lantaño e aproveitaron unha peza que tocaron eles pola mañán para o seu repertorio.

Manuel Rouco Adán (Os Verderoles) .JPG

…estando aquí tocando na festa de San Juan veu Lantaño, unha música que lle chamabamos Lantaño, e o profesor era pequeno e aínda me acorda a min, deron a entrada do pasodobre e nos dixémoslle, á tarde témoslla que sacudír aí, e sacudímoslla…
…viu a xunto a nosa a felicitarnos e a decirnos se podiamos tocar con eles…

Outra característica desta agrupación era o uso de pandeireta e tamén de maracas co bombo, Manuel Rouco usaba as maracas como acompañamento mentres a da man dereita a empregaba como mazo para percutir no bombo.

No ano 2012 o programa Alalá da Televisión de Galicia adicoulles un programa a este cuarteto de gaitas onde tamén aparece Manuel Rouco falando cós seus 84 anos meses antes de finar.

Alalá nº 203 “Os Verderoles” – TVG
Emisión en Televisión de Galicia: 12/05/2012
Lugar de Gravación: Nigrán – Val Miñor

———-
Rubén Troitiño

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s