Arquivo da etiqueta: Guillerme

O ritual da i-aña: moito máis ca tocar os leghóns

guillerme.jpgGuillerme Ignacio Costa
Artigo
O ritual da i-aña: moito máis ca tocar os leghóns
DESCARGAR PDF


Artigo publicado no número 16 da revista Aturuxo (voceiro da Asociación de Gaiteiros Galegos), páxinas 50-53.

“A i-aña ten máis significado ca tocar o leghón”[1], retrucáballe Urbano Cendón, (A Igrexa-Sabaxáns, Mondariz, 1940) ás compañeiras un día de entrevista no local social da parroquia. E así é. A i-aña (dito así con este “i” epentético tan característico da fala da zona) évos un complexo ritual que chegou ben vivo ata nós na memoria das veciñas e veciños d’O Condado, Paradanta e arredores: Mondariz, Ponteareas, O Covelo, Pazos de Borbén ou Salvaterra do Miño. Pero, como ben dicía Urbano, non é só tocar o leghón, nin moito menos, así que ao longo deste artigo tentaremos ir desentrañando que máis é a i-aña.

Carme Sotelino (As Cortellas-Padróns, Ponteareas, 1937) achéganos con tino á variante máis extendida deste ritual:

“a i-aña é cando se labra unha veigha, que hai que cavar os cabeceiros. E o que chegha primeiro ó cabo é o que bota a i-aña”[2].

Pois imos aló.

Seguir lendo O ritual da i-aña: moito máis ca tocar os leghóns

Advertisements

José Fernández, O Ghaiteiro do Piñeiro

guillerme.jpgGuillerme Ignacio Costa

José Fernández, O Ghaiteiro do Piñeiro
(Aldán, Cangas do Morrazo)


CARA B

Os dous días de gravación maratoniana naquel marzo de 2009, deron para encher un Cd con 22 cortes ben xeitosos e variados (todo tipo de bailables, amais dos Reis e a Dansa de Aldán), e aínda sobrou material para unha Cara B que agora ve a luz a través da rede.

Son catorce cortes extra nos que José interpreta trece bailables máis unha alborada en formato trío acompañado ao tambor de Felisiano mais o bombo d’O Peix; e en cuarteto a dúo de gaitas con Manuel ou co acordeón de seu fillo Javier.

Non deixedes de botarlles ollo, son 100% bailables e 100 % Rías Baixas ;).

Viva o Ghaiteiro do Piñeiro!!

Seguir lendo José Fernández, O Ghaiteiro do Piñeiro

Pandereteiras de Barro de Arén

guillerme.jpgGuillerme Ignacio Costa

Pandereteiras de Barro de Arén
(Barro de Arén, Cerdedo)


Barriño para cantar…

Naqueles tempos case tirados xa da memoria colectiva nos que non había radios, televisores e demais trebellos a meter barullo alleo nas casas, a xente cantaba. Cantaba mentres lavaba, mentres sachaba no millo, mentres apañaba no toxo, botaba nas patacas ou ía polo camiño, e por suposto cando había que facer a festa. Mais mentres non puido chegar ás aldeas o exceso, o luxo vilego de contratar un músico ou varios, cando había gañas de festa era a propia xente a que por forza tiña que poñer a música. E con tanto traballo como había, o que sobraban eran gañas de festa, claro. Na Terra de Montes, como en moitas outras partes do país galego, os mozos e mozas organizaban os seus propios bailes no inverno cando non había festas patronais á vista-, nuns determinados días na semana, como podían ser xoves, sábado e domingo. Rematábanse os traballos, axeitábase un baixo dunha casa ou mesmo unha corte, a quen lle tocaba aportaba o carburo para prender o candil, e á hora acordada, xeralmente logo da cea, ían aparecendo mozos e mozas para a festa, para a “Rúa”. Dúas ou tres mozas collían as pandeiretas e comezaba a foliada. Primeiro a jota, logo a muiñeira, e por suposto algún agarrado, e logo veña, que collan outras a pandareta que nós tamén queremos beilar. E así ata a media noite, troula rachada a base de bailes e cantares aprendidos nesa intensa escola que é a comunidade, a veciñanza, o pobo.

Seguir lendo Pandereteiras de Barro de Arén