Arquivos da categoría Artigos de opinión

Os roles de xénero no baile galego: superalos ou convivir con eles?

Por Uxía Iglesias | Santiago de Compostela | 21/08/2018 | Enlace: Galicia Confidencial

O baile, como cultura viva, sempre vén condicionado polo contexto no que se produce. Por iso antigamente as mulleres desempeñaban un rol pasivo e submiso fronte ao home que guiaba o baile. A día de hoxe, estes estereotipos están superados no torreiro da festa, mais ás veces séguense vendo nos escenarios, que recrean unha foto fixa do pasado. Que camiño debemos tomar? Eis a conversa con catro mestres de baile: Montse Rivera, Carme Campo, Pedro Brañas e Antonio Prado.

Alá onde unha gaita soa hai uns pés que bailan. A música sempre aviva en nós esas ganas de acompañala co movemento, de seguir o seu compás e o seu ritmo. Mentres as ferreñas escintilean ao sol, as gaitas fan o seu particular xogo de aires e o bombo vibra na súa xusta medida, o baile chama pola xente. É unha maneira de expresármonos e de socializar con quen nos rodea. Non precisa de palabras – salvando os aturuxos – , pero é un idioma máis, o do noso corpo.

Seguir lendo Os roles de xénero no baile galego: superalos ou convivir con eles?