Comuneiros – Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo

RQ.jpgRafael Quintía Pereira

Documental:
Comuneiros – Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo


“Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo” é unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Montes Salcedo. O audiovisual fai un percorrido por un século de vida e de explotación tradicional do monte comunal —verdadeira e única fonte de subsistencia para moitas xeracións de galegos— e polos aconteceres e desgrazas que, co cambio dos tempos e co gallo das distintas usurpacións do monte comunal, tiveron que sufri-los veciños da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo.

FICHA ARTÍSTICA:

Dirección: Rafael Quintía
Guinista: Rafael Quintía
Realización: João Bieites,
Produción: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Monte de San Martiño de Salcedo

FICHA TÉCNICA:

Produtra: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Monte de San Martiño de Salcedo
Subvención ou axuda pública: Ningunha
Título orixinal: “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”
Tipo: Documental
Xénero: Etnográfico e social
Produción propia realizada a cor
Ano: 2011
Duración: 87 minutos aprox.
Orixe: Galiza
Idioma V. O.: Galego

 

O documental “Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo” é unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Montes Salcedo. O audiovisual, dirixido por un servidor e realizado por João Bieites, fai un percorrido por un século de vida e de explotación tradicional do monte comunal e polos aconteceres e desgrazas que, co cambio dos tempos e co gallo das distintas usurpacións do monte comunal, tiveron que sufrir os veciños da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo. O 5 de novembro do 2011 presentouse o documental con motivo das “II Xornadas sobre Monte Comunal” que organiza a Comunidade de Montes de Salcedo. O documental tivo unha grande acollida e repercusión mediática pois, xunto co xa clásico “O Monte é Noso” de Llorenç Soler (1978) foi pioneiro nos traballos audiovisuais dedicados ao monte comunal en Galicia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s