Pedro Prado López

23674847_10156050847367642_8870004325521729739_oRubén Troitiño
Artigo:
Pedro Prado López
(Fontela, Forcarei)


Pedro Prado López (Folgoso, Cerdedo 15/05/1924 – Fontela, Forcarei 05/03/2011) cerdedense de nacemeto aínda que afincado no concello veciño de Forcarei, irmán de Asensio Prado López, coñecido coma O manco de Vichocuntín (Cerdedo). Gaiteiro e percusionista autodidacta.

Eu aprendín así, de golpe e porrazo, marchaba alí para o cuarto e púñame na ventana e veña música. E salía! Salín con ela!

Deixamos unha pequena referencia neste blogue da súa existencia engadindo algunha fotografía da súa gaita, feita en madeira de buxo (afinación en sib aproximadamente) mercada no obradoiro de Poceiro (Pontevedra).

…A gaita tiña fleques e tiña todo, pero rillaron todo os ratos…
Gaita de Pedro Prado López
Gaita de Pedro Prado López | Fotografía: Rubén Troitiño (10.06.06)

Nas fotografías podemos observar o fol de goma orixinal, que na actualidade non se conserva, co veludo granate. Tanto as palletas coma os pallóns corrían por conta del, construíndoas a partir de canas dos fuegos. Fora o seu irmán Asensio, tamén gaiteiro co que tocaba de vez en cando, quen lle ensinara a facelas. Tamén se xuntaba cun curmán para tocar, chamado José María.

As palletas facíaas eu, con canas de fuegos, e tocaban que mandaba carallo!
Gaita Pedro Prado López
Gaita de Pedro Prado López | Fotografía: Rubén Troitiño (10.06.06)
Gaita de Pedro Prado López
Gaita de Pedro Prado López | Fotografía: Rubén Troitiño (10.06.06)

Na súa faceta de percusionista tocou bombo e tambor, o que el denominaba redoblante, dicindo que o tocaba moi ben, sendo capaz de acompañar a calquer gaiteiro.

dsc00764.jpg
José Luis Troitiño e Pedro Prado López | Fotografía: Rubén Troitiño (10.06.06)
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s