Ao son das campás… da Vila de Baiona

anxo.pngAnxo Rodríguez Lemos
Artigo:
Ao son das campás… da Vila de Baiona
DESCARGAR PDF


 Ao son das campás… da Vila de Baiona

Capela de Santa Liberata

Consagrada na honra da virxe mártir natural desta vila, Santa Liberata (ou Librada), que foi a primeira muller crucificada na cruz. A capela, comezada a construír no 1695 e rematada cara ao 1701 ergueuse nos campos do Aral (dende aquela Campo de Santa Liberata) logo de dificultades no seu emprazamento orixinal. De estilo italiano plateresco, a súa fachada principal acolle os escudos de Baiona e Galicia flanqueando o nicho central coa Santa.

A capela, custodia da reliquia dun brazo da Santa que dende Sigüenza se remitiu a esta vila por petición de 1688, conta cun retablo obra do redondelán Antonio do Vilar. Rematado en 12.000 reais un 16 de agosto de 1738, está presidido pola escena da súa crucifixión na que unha árbore acolle no seu centro a Liberata amparada polas súas irmáns e aos pés a súa nutriz Sila.

Dende o século XIX, ano de 1847, tras solicitar o Concello de Baiona unha reliquia de San Cosme ao cabido de Tui, celébrase na vila gran romaría á que acoden romeiros dende o veciño Portugal. A Santa Liberata acompáñana dende aquela na súa capela os santos médicos mártires, popularizándose aquela canción de:

Ben che pode estar contenta,
nosa Santa Liberata
pra curar o mal de ollo
ten dous “xurxanos” na casa.

TIPO DE SINAL

CAMPÁ EMPREGADA

DESCRICIÓN DO TOQUE

Repenique

Campá grande e pequena

As campás tocan a un mesmo son tan soamente o día da tular da capela, Santa Liberata (20 de xullo) así como por San Cosme e San Damián (26 de setembro).

Toque á misa

Campá pequena

Tócase a campá da capela tan só o día da festa de Santa Liberata e Santos Cosme e Damián para aviso de misa. As badaladas son espazadas.

Capela de San Xoán do Castelo

Edificada no século XVII, a capela de San Xoán do Castelo, emprazada nun alto natural dominando o vello barrio mariñeiro da Laxe, descríbese no Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico de Baiona como “capela que se abre só a noite do Xoves Santo (e día de San Xoán). No seu interior custódiase unha imaxe de Santiago a cabalo, moi vinculada coa ruta de peregrinación cara a Santiago. De planta basilical, con cuberta a dúas augas, apenas ten elementos ornamentais exteriores. A fachada é unha portada rectangular, en cachotaría, con vans alintelados e un pequeno óculo central. Rematada con dous pináculos nos vértices e un pequeno campanario de dous corpos cos seus pináculos e cruz latina

TIPO DE SINAL

CAMPÁ

DESCRICIÓN DO TOQUE

Toque de Novena

Durante os nove días antes da festa do patrón, soan badaladas soltas como aviso para misa de novenas.

Toque á misa

Tócase a campá da capela tan só o día da festa do San Xoán. As badaladas son pouco espazadas.

Capela da Misericordia

Fundada baixo orde do rei Felipe II polo capitán da guarnición de Monterreal D. Rodrigo García no ano 1574, xunto á elite baionesa, o destacado militar constituíu seguindo os estatutos da Misericordia de Lisboa, esta Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia da que é patroa Santa Isabel de Portugal, cuxa imaxe se atopa na rúa da dereita do altar maior da capela. Trala abolición das confrarías no século XIX, a coñecida popularmente como A Santa Casa sobrevive, o que fixo converter a de Baiona, na confraría máis antiga de Galicia e unha das de máis longa traxectoria e tradición de toda España. A súa principal misión é a de cumprir coas catorce obras de misericordia: sete espirituais (ensinar ao que non sabe, dar bo consello a quen o necesita, corrixir a quen se equivoca, perdoar a quen ofende, consolar o triste, sufrir con paciencia os defectos do próximo ou rogar a Deus polos vivos e defuntos) e corporais (visitar os enfermos, dar de comer ao famento, dar de beber ao sedento, dar pousada ao peregrino, vestir o espido, visitar os encarcerados e enterrar os mortos).

TIPO DE SINAL

CAMPÁ

DESCRICIÓN DO TOQUE

Chamada á misa

Toque empregado tan só no día da fes vidade de Santa Lucía (13 de decembro) e da patroa da confraría Santa Isabel de Portugal (4 de xullo)
Un primeiro toque 1⁄2 antes e un segundo 5 minutos antes da misa ou á chegada do párroco á capela.

Defunto

Coñecido popularmente como A Agonía da Misericordia, tócanse 13 badaladas no caso de ser home e

Toque a Cabido

Empregado para avisar de reunión aos irmáns confrades da Santa Casa de Paz e Misericordia na capela. Toques máis seguidos que para

Colexiata de Santa María (Igrexa Parroquial)

A Ex-Colexiata, na actualidade, é un edificio románico-oxival rematado cara o ano 1278. Restaurada medio século despois, logra o título de Colexiata no século XV sendo consagrada por D. Diego de Muros, inimigo do famoso Pedro Madruga, baixo autorización do Papa Eugenio IV. Deixa de ter este rango no século XIX. O templo de planta basilical con tres naves, presenta armazón de madeira a dúas augas sobres arcos apuntados. A súa fachada principal coroada por un fermoso rosetón, propio do gótico, contou ata inicios do século XX cun acceso porticado, ata que nas súa restauración, o abade D. Vicente María Fernández Míguez o elimina.

As súas campas

Campá Pequena

Banda media: MAGNIFICATE DOMINUM MECUM ET EXALTEMUS NOMEN JESUS LA CONCEPCION YNMACULADA. SE FUNDIÓ SIENDO ABAD PÁRROCO D. VICENTE MARÍA FERNÁNDEZ MÍGUEZ. AÑO DE 1905

Selo do fabricante: LA INDUSTRIOSA. SANJURJO (VIGO) Banda superior: JESVS MARÍA Y JOSÉ

Campá do Medio

Banda media: CYMBALIS BENE SONANT JESUS ET JONIS 1843 Selo fabricante: PELLÓN ME HIZO

Campá Grande ou Anunciación

Banda superior: SE FUNDIÓ Y AUMENTÓ ESTA CAMPANA EN EL AÑO DE 1888 SIENDO ABAD PÁRROCO DON VICENTE MARÍA FERNÁNDEZ MÍGUEZ

Selo fabricante: ME HIZO MIGUEL JOSÉ SILVA SANTOS

TIPO DE SINAL

CAMPÁ EMPREGADA

DESCRICIÓN DO TOQUE

Toque a Misa

Campá pequena

Tócanse 40 badaladas para misa ordinaria. Pola semana a misa era ás oito e media da mañá, os domingos ás nove e media ou once e media. Se a misa era especial o toque a misa acompañábase antes cun repenique.

Angelus

Campá Grande (A Anunciación)

Correspóndese co toque das doce do mediodía e danse na campá grande doce badaladas.

Novenas solemnes

Campá Grande, campá do Medio e Pequena

O repenique de festa faise nas tres campás segundo sexa a hora da misa: á hora, a e cuarto e a e vinte cinco, ou a e media, menos cuarto e menos cinco.

Toque a Rosario

Campá Grande

Toque de tarde. Cara ás sete ou sete e media soa a campá grande con cadencia normal.

Toque a Oración

Campá grande

Fronte ao toque a rosario, o de oración ten unha cadencia máis espazada na campá grande. Toque de tarde tamén.

Toque de Ánimas

Campá Grande

Bótase a campá grande “ao voo”. Correspondía co úl mo toque do día ás oito despois da novena ou rosario.

Toques extraordinarios

Defunto de a pé

Campá do medio, pequena e grande intercalada

A campá do medio e a pequena voltean mentres a grande se intercala cada 2-3 minutos cunha badalada.

Defunto relixioso

Campá do medio, pequena e grande

Toque especial para abades e outros membros do estamento eclesiás co.
As tres campás voltean.

Anxeliño

Campá do medio e pequena

Repenícanse as dúas campás cando os falecidos son nenos/as ata sete anos e van en cadaleito branco.

Día de defuntos

Campá do medio, pequena e grande

Toque semellante ao sinal de defunto relixioso. Tocábanse as tres campás toda a noite e todo o día, descansando a cada pouco. Os rapaces pelexábanse por subir á torre neste día no que incluso se asaban castañas no campanario.

Lume ou Arrebato

Campá Grande ou Cimbaliño da Torre

Tocábase na campá da Anunciación cunha cadencia rápida ou ben no cimbaliño, campá pequeniña, que está colocada na punta de arriba da torre.

Toque de Gloria

Campá do medio, grande e pequena

As campás non tocan dende o día da morte do Noso Señor ata o de Resurrección. Neste úl mo día, daquela un sábado, repenicábanse as tres campás a Gloria de Resurrección.

A Raspita

Campá do medio, grande e pequena

Toque ao son da canción popularizada baixo o tulo de La Raspa. Foi adaptada ás campás baionesas por
Mauricio Vilar Mar nez (1900-1975)

Audios


Fotografías


Para saber máis

  • ÁVILA Y LA CUEVA, Francisco. Historia Civil y Eclesiástica de la Ciudad de Tuy y su obispado. 1985.
  • DE MAURICIO, Antonio. Historia de Bayona, Edit. Herederos de Antonio de Mauricio en colaboración Diputación de Pontevedra, 2011.
  • GARCÍA ORO, José y PORTELA SILVA, María José. Baiona de Miñor en sus documentos.Actas municipales correspondientes al siglo XVI. Deputación Provincial de Pontevedra.Vigo.
  • LÓPEZ OTERO, B. (2013) Monterreal de Baiona. Transformaciones de un monumento
  • RAMOS GONZÁLEZ, Herminio. Crónicas de la villa de Bayona. Madrid, 1925.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s